VALORACIÓN XERAL DA SEMANA CULTURAL

Neste derradeiro día da #SemanaCulturalMC17 fixemos unha breve enquisa para ter unha valoración o máis obxectiva posible do discurrir da actividade. Facendo un esforzo de síntese vos ofrecemos a continuación as nosas conclusións:

En xeral a #SemanaCulturalMC17 foi un éxito grazas ao traballo en equipo de todos os participantes, pero en canto a organización e coordinación hai algúns momentos de perda de concentración por parte dos pastores, xa que moitos dos entrevistados queixábanse da tardanza dos nenos ao chegar ás diferentes actividades (quizais controlar rapaces e rapazas non é tan doado), aínda que tamén hai quen pensa que os tempos están pautados de máis e non deixan espazo a liberdade e creatividade persoais. Nunca se pode contentar a todo o mundo.

A maioría da xente gustáronlle todas as actividades pero cabe destacar as de ciencias e pintura. Outros, valoraban o xeito de traballar, menos académico, como a mellor parte da #SemanaCulturalMC17.

A xente considera que o segredo do éxito da semana cultural ven do entusiasmo co que os alumnos enfrontan a tarefa de ensinar aos máis pequenos, e dese xeito, aprender nós mesmos. Xa o dicía alguén que sabía máis ca nós, “se queres aprender, ensina”.

Tamén é unha maneira de aprender e divertirse traballando. En xeral, é un proxecto necesario para a socialización dos alumnos deste colexio, tanto pequenos, como maiores, e estamos orgullosos de poder facer posible este tipo de aprendizaxes, máis dinámicos, a lo menos durante estes catro días.

Todos os entrevistados xa están agardando ao próximo ano, a #SemanaCulturalMC2018
Máis información en:
Twitter: Colexio Martín Codax e #SemanaCulturalMC17
Facebook: Colexio Martín Codax




Comentarios