PROGRESO DOS MURAIS

Como xa sabedes se nos seguides con atención, durante a Semana Cultural, algúns alumnos da E.S.O. están a facer uns murais en diferentes puntos e diferentes obxectivos.

O mural de texturas, que se atopa detrás do edificio de primaria, dende o luns (o comezo dos murais) creceu moito. Os nenos e nenas, coordinadamente, e facendo gala dunhas ganas de participar máis que salientables, van enchendo as brancas paredes de mil e un cores e texturas e formas diferentes. Na imaxe podedes apreciar o progreso.




O incrible mural, que confunde a nosa percepción, progresou bastante. Paula, Arsú, Lucía, Pablo, Lara, Sarai e Claudia conseguen dar un excelente efecto de perspectiva, engadindo cores e detalles ao mural, como o fume que preside a imaxe.

Este mural representa o Cubo (edifício de secundaria) do noso colexio. O fume que podemos ver, quérenos transmitir o esforzo pola adquisición do coñecemento.

Por último, chegamos ao mural das Letras Galegas, que este ano nos convida a coñecer a Carlos Casares Mouriño, un escritor ourensán, afincado na nosa cidade durante moito tempo. Anteriormente o mural estaba bastante branco, con liñas de lapis para marcar os debuxos sobre o autor. Como podemos ver, agora xa ten cor, pero aínda así, os nosos pintores están traballando nalgúns detalles que lle faltan ao mural.
DSCF1199.JPG
DSCF1197.JPG

Comentarios