IMOS VIAXAR A INFANTIL!!!




A un grupo de 1ºA de Carlota, Antón, Xurxo, Alicia, Íñigo, Itsela, Sabela e Martín ocorréuselles unha idea fantástica e divertida para os nenos do infantil.
A todos nós gústanos facer a maleta o día que escomezamos as vacacións, introducir nela un montón (ou quizais pouquiña) de roupa e partir cara a destinos descoñecidos.
Nós, concretamente, soñamos con viaxar a París ou Montevideo.

Este grupo de rapaces convídannos a visitar algúns dos monumentos e países máis coñecidos do orbe como son a India, Italia, Exipto, Inglaterra ou Francia.

Se viaxamos a Francia atopámonos coa magnifica Tour Eiffel, en Italia coa torre de Pisa e o Coliseo Romano, en Exipto coas Pirámides de Gizeh e na India co Taj Mahal e os seus marabillosos xardíns. Os rapaces e rapazas de esta actividade nos achegan datos e noticias destes lugares.



De tanto viaxar ábresenos o apetito… A gastronomía é un dos pilares da actividade turística, e tamén é importante coñecer o que ten de bo e saboroso cada país: en Francia nos tomamos uns croissant (magnifique!), en Italia nos tomamos uns xeados (bocati di cardenali, bambini!) e unhas pizzas e na India cuscús (Jau!).


Aos nosos alumnos ocorréuselles unha magnifica idea para traballar lúdicamente os contidos ofrecidos: un xogo de memoria para os nenos no que tiñan que enlazar imaxes dos monumentos dos que lles falaran cos paises onde se atopan. Case que ninguén se trabuca… Que nenos e nenas tan listos!!!!

Comentarios