ENTREVISTA A MONTSE E A MARÍA

 Estamos a contar as actividades da #SemanaCulturalMC17 pero, os profesores que opinan? Para sabelo, entrevistamos a dúas profesoras de infantil: Monste e María.


Xornalista: Que vos está a parecer a organización da Semana Cultural?


Montse: A min estame a parecer marabillosa, todo o que vimos, que foi o de 1º da ESO, foi marabilloso. Todas as actuacións que fixeron estiveron moi ben.


Xornalista: Credes que os nenos amosan interese polas actividades que están a facer os nenos da ESO?


María: Si, todos os nenos amosan interese, ata os máis pequenos de 3 anos están alucinando coas actividades.


Xornalista: Que é o que máis vos está a gustar da Semana Cultural?


Montse: De momento todo o que vimos estivo moi ben. Pero aínda non vimos falta a parte de ciencias entón, contestarte sería complicado pero das que vimos, gustáronnos todas.


Xornalista: Credes que a Semana Cultural está mellorando cada ano?


Montse e María: Si, sempre melloramos cada ano, xa temos bastante experiencia.


Xornalista: A difusión mediante redes sociais e mediante o blog, que vos está parecendo?


María: Eu vou seguindo todas as redes sociais e o blog. Está moi ben porque ides contando o que estades facendo. Púxenvos me gusta a todas. Jajaja.


Esta é a opinión destas profesoras de E.I., que xa levan moitas Semanas Culturais.

Comentarios